Seleccionar página

CINEMA DOMÉSTICO, MEMORIA E TERRITORIO

A poboación local situada na área de influencia das Illas Atlánticas atesoura, aínda, infinidade de imaxes das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada filmadas entre os anos 50 e 90 do século pasado, esquecidas moitas veces en rochos ou caixóns, e que teñen un importante valor cultural para diversos usos creativos, xa sexan de investigación ou artísticos. Películas que están en risco de desaparecer, de afundirse tras o naufraxio.  

O obxectivo e buscar persoas que teñan películas familiares filmadas nas Illas Atlánticas para que colaboren cedendo as súas imaxes -e os recordos asociados a elas- ao Centro de Interpretación do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. A cambio, recibirán de forma gratuita, xunto á devolución das películas orixinais, unha copia dixital escaneada a resolución 4K.

Ademáis, as películas rescatadas pasarán a formar parte dun arquivo aloxado nesta web, en aberto, coa finalidade de difundilas, poñelas en valor, e dar acceso a persoas interesadas en incorporar imaxes en documentais, obras artísticas, traballos universitarios, ou calquera outra creación cultural.

 

Se queres participar coas túas películas familiares, pica aquí.

Proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na zona de influencia socioeconómica del Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia do exercicio orzamentario do ano 2023

POLÍTICA DE PRIVACIDADE